Susana Seivane

Naceu en Barcelona en 1976 no seo da familia Seivane, un dos apelidos con máis prestixio e sona dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas de Galicia. Comezou a súa andaina musical aos 3 anos de idade da man do seu pai, Álvaro Seivane.

Aos 9, trasládase, xunto coa súa familia, a Cambre (A Coruña). Xa en Galicia, entra en contacto con Mestres gaiteiros da talla de Ricardo Portela ou Moxenas que, xunto co seu propio avó , Xosé ManueL Seivane, influenciarían grandemente o seu xeito de entender e interpretar a música tradicional galega. Non tardou moito en gañarse a admiración e

respecto do mundo da gaita en Galicia, comezando aos 10 anos a dar concertos por todos os recunchos do país. Durante a súa adolescencia, Susana cursou estudos de solfexo e piano e formou parte de diferentes agrupacións musicais tradicionais.

Aos 20 anos toma contacto cos escenarios da man do grupo Milladoiro como artista invitada.

A partir deste momento comeza a súa andaina como solista creando un estilo xenuíno que, lonxe de perder de vista o aire enxebre dos antigos gaiteiros, ábreo ás influencias doutras músicas. Consegue, deste xeito, un

enfoque fresco e orixinal. Unha mestura áxil e moderna que afonda a súa raizame no máis profundo da tradición galega, deixando arrolar a súa ramaxe nos ventos dos novos tempos.

http://www.susanaseivane.net