Skerryvore

“Skerryvore son a banda xove máis prometedora en Escocia” Mick MacNeil (Simple Minds)

Gaitas, violín e acordeóns, fusionados con ritmos funky e canción apaixonadas, complementadas coa voz en alza do cantante principal, Alec Dalglish. Skerryvore son unha banda escocesa premiada que crea unha fusión “Folk n’Roll” para o século XXI.

Skerryvore nace en 2004, na illa de Tiree, nas Hébridas escocesas, e das raíces tradicionais a banda desenvolveuse tanto en son como en tamaño para crear unha mestura única da súa música e as súas canción tradicionais, onde a música folk coñece a crueza dos sons urbanos do rock.

Skerryvore entusiasmou a audiencia, de Chicago a Beijing, e foron a principal atracción de moitos e moi importantes festivais internacionais, tanto en Escocia como fóra, incluíndo  Céltica, en Italia; Celtic connections, en Escocia; Celtic Crackers, nos Países Baixos.

2011 viu a Skerryvore representar a Escocia en todo o mundo cando apareceu no anuncio promocional internacional VisitScotland. Isto acompañado de actuacións en Francia, Italia, WW.UU., Canadá, España, Emiratos Árabes Unidos, Bélxica e Holanda conseguiu que Skerryvore continúe a súa incrible viaxe por todo o mundo musical con novas actuacións en festivais en Europa e Estados Unidos.

Despois de un 2011 cargado de datas por todo o mundo, que culminaron gañando o premio da BBC “Best Live ACT of the Year” (Mellor Actuación do Ano), estrearon en 2012 o disco “World of Chances”, o cuarto, co que estes non fan senón continuar xerando un gran número de seguidores de todas as idades e nacionalidades.

2014
“Chasing The Sun”, é o último álbum de estudo de Skerryvore, que será lanzado oficialmente o 1 de Setembro de 2014.

Cando non está de xira polo mundo, Skerryvore están moi involucrados coa organización de música en vivo para a beneficencia. Esta colaboración levou á banda a participar en espectáculos e talleres nas contornas clave da comunidade, incluíndo The Roal Blind Scholl (escola de cegos), Centro Artlink, escolas con necesidades especiais a través do Reino Unido e tamén nun proxecto de gran éxito en HMP Cornton con delincuentes xuvenís.

2015
No ano 2015 o grupo celebrou o seu décimo aniversario e organizaron un tour especial para a ocasión e presentan un novo traballo en directo, incluíndo un tema no que colabora Sharon Shannon.