Servizos
Zona de acampada
Se optades por aloxarvos no cámping, garantimos un amplo espazo situado nun entorno natural. Trátase dunha zona de acampada gratuíta situada a uns metros do Festival, onde poderedes dispoñer doutros servizos como zona de aparcamento e cafetería próxima.
Baños portátiles
Na zona do Festival, así como na de acampada, contamos cunha serie de WC portátiles e lavabo.
Duchas
A zona de aseo da acampada será o Polideportivo Municipal, que o Concello de Zas poñerá a disposición da xente que estea aloxada. Contará con auga quente e estará aberta nos seguintes horarios:
- Sábado: de 10 a 12 e de 18 a 20
- Domingo: de 10 a 12
Asistencia sanitaria
Durante a completa celebración do evento en ámbolos dous días contaremos con servizo médico dentro do recinto.
Cociña
O Festival conta cunha parte gastronómica, na que poderedes degustar diferentes tapas sen necesidade de cociñar ou ir lonxe do recinto para comer.
Feira de Artesanía
Durante toda a xornada do sábado, contaremos con feira de artesanía no noso recinto, con horario ininterrompido de 12h da mañá a 22h da noite.
Mercado ecolóxico
Poderás coñecer e mercar produtos totalmente ecolóxicos, coa súa procedencia natural garantida. O horario será de 12h a 22h, no recinto da Carballeira.
Espazo lúdico infantil
Os máis cativos terán no recinto da Carballeira animación e inchables durante a xornada do sábado pola tarde.
Aloxamento
Cerca do festival hai moitos aloxamentos ¡sobre todo rurais!. Máis info