Rebeliom do Inframundo
O grupo comezou a súa traxectoria no ano 2005, coa sua primeira maqueta, Rebeliom do Inframundo (2009) e o seu primeiro disco físico A Sorpresa (LP, 2012).
Despois deste traballo, o grupo parou a súa actividade e DJ Rapu deixou a banda.
Tempo despois fíxose pública a volta de Rebeliom do Inframundo cunha nova formación, e a día de hoxe é o máximo expoñente de rap galego a nivel estatal; os seus directos son unha explosión na que combinan hip-hop, electrónica, folk tradicional e punk e co que non deixan indiferente a ninguén.