Radio Cos
Radio Cos, uns pandereteiros de sona que fixeron evolucionar a nosa música naturalmente.
Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas de Radio Cos, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galicia que fixeron evolucionar a música galega de raíz de xeito natural.
Despois do éxito do primeiro disco, Radio Cos (2013), xirando por multitude de festivais europeos, son seleccionados pola revista Folk in Roots dentro do ranking dos mellores discos do ano. Tamén entran na prestixiosa lista World Charts Music de éxitos musicais ese mesmo ano, e son grupo oficial del Womex 2016.
Radio Cos leva xa case nove anos percorrendo escenarios en Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galicia, transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional.
A banda confórmana ademais tres prestixiosos músicos galegos que teñen ao seu cargo o acordeón (Xan Pampín), gaita e saxo tenor (Pedro Lamas) e violín (Nikolay Velikov).
NOVO TRABALLO: En Pasatempo, o seu novo traballo, continúan no empeño de visibilizar as cancións tradicionais de Galicia, repertorio que é froito do seu intenso traballo de investigación de campo, interpretándoas e traéndoas aos nosos días sen renunciar a mesturalas con outras tradicións irmás de outras partes do mundo.
Este segundo disco e o seu título están inspirados no “Parque do Pasatempo”, un precursor dos parques temáticos situado en Betanzos, a antiga capital do Reino de Galicia. Os seus promotores e construtores, os Irmáns García, quixeron plasmar nesta obra arquitectónica unha infinidade de detalles sobre os seus innumerables viaxes arredor do mundo.
Esta mesma idea é a que persegue Radio Cos, xuntar neste disco as culturas coas que mantiveron un contacto a través dos seus viaxes musicais.
A melodías utilizadas neste proxecto pertencen ao seu arquivo de gravacións de campo, traballo que levan facendo dende hai máis de trinta anos.