Pan.sen.fron
A familia de cores que acompaña a Xurxo nas súas aventuras sempre viaxa cunha pandeireta na man. Tocar pola rúa e facer a festa é a especialidade destas pandeireteiras tan singulares que tanto bailan unha muiñera coma un nestinarstvo ou una tarantella. E é que as Pandeireteiras Sen Fronteiros (PAN.SEN.FRON) levan a cultura galega cada ano máis lonxe: Madrid, El Calabacino (Huelva), Romanía, Bugaria, Italia, India, Marrocos e Cabo Verde son os destinos que ata agora ten visitado este clan galego. Ademáis de pasalo pipa, os principais obxectivos das PAN.SEN.FRON son poñer en valor a cultura galega, expandila e irmanala con outras culturas e sonoridades tradicionais. Proba disto é o seu repertorio musical, no que atoparemos pezas de aquí e de alá, sempre reinterpretadas ao máis puro estilo pansenfrónico. Concertos cheos de enerxía e cor, ruadas sen parangón e pasarrúas divertidísimos, mais PAN.SEN.FRON tamén anima vodas, funerais e calqueira celebración que faga falta.