Pandereteiras Xacarandaina
O Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina nace no ano 1978 xunto coa asociación que leva o seu mesmo nome.
O grupo é un gran referente da cultura do noso país pola súa labor histórica na recuperación do noso patrimonio cultural, sendo o máximo expoñente dos ideais de conservación, divulgación e dignificación do folclore de Galicia e querendo situalo no lugar que lle corresponde dentro das artes escénicas.
As pandeireteiras de Xacarandaina foi o primeiro grupo creado en Galicia destas características. Compóñeno 10 mulleres que tocan distintas percusións de man para acompañar ao baile e interpreta unha gran variedade de cantos.