Os do fondo da barra
“Os do Fondo da Barra (OFB)” é un grupo de música galega que naceu no seo da Asociación Cultural Xacarandaina, na cidade de A Coruña.
Esta Asociación leva 45 anos en activo, sendo un dos grandes referentes do folclore do país pola súa labor a prol da recuperación do Patrimonio Cultural de Galicia.
OFB está composto por 15 homes que interpretan cantos que se recolleron por todo o territorio galego, coa pretensión de representar os cantares masculinos da arte inmaterial de Galicia.
“BâNZô”. Un traballo discográfico que contén temas propiamente tradicionais e populares dándolles un tratamento folk actual máis achegado ás novas correntes. Nel pódense escoitar cantos de taberna, cantos mariñeiros e cantos de acompañamento ao baile, utilizando distintos instrumentos de percusión