Menores de idade

Estaremos encantados de recibir a calquera menor de idade que queira gozar da Carballeira de Zas, pero precisa vir acompañada/o dun adulto responsable para poder entrar. Durante a súa estancia no recinto, o adulto será responsable de calquera acción que o menor realice.

Para que isto sexa posible, é necesario presentar no despacho de billetes do festival a seguinte documentación:

Se o acompañante durante o festival é o pai/nai/titor legal
  1. Tanto a/o menor como a/o acompañante deberán presentar o seu DNI / Libro de familia / Pasaporte de ámbolos dous ou documento legal que acredite a relación de responsabilidade sobre a/o menor.
  2. Certificado de responsabilidade debidamente cuberto polo acompañante da/o menor. (DESCARGAR OU PEDIR NO DESPACHO DE BILLETES)
Se o acompañante durante o festival NON é o pai/nai/titor legal
  1. Autorización do pai/nai ou titor legal da/o menor debidamente cuberta e acompañada de fotocopia de DNI / Libro de familia / Pasaporte de ambos. (DESCARGAR OU PEDIR NO DESPACHO DE BILLETES)
  2. Certificado de responsabilidade debidamente cuberto pola/o acompañante da/o menor. (DESCARGAR OU PEDIR NO DESPACHO DE BILLETES)

En todo momento tanto a/o acompañante como a/o menor deberán levar o seu DNI / Pasaporte por se fose requirido por parte do persoal da organización para acreditar a súa identidade. No caso de cidadáns estranxeiros deberán aportar os documentos oportunos do seu país de orixe.

Tanto a autorización de asistencia como o certificado de responsabilidade poderán recollerse e cubrirse No despacho de billetes do recinto. Para evitar aglomeracións e sorpresas de última hora, dende a organización recomendamos descargar os documentos dende a nosa páxina web e cubrilos con calma, asegurándose encher todos os requisitos.

A Organización informa que a lexislación vixente prohibe expresamente a venda de alcol aos menores de idade. O menor deberá en todo momento levar o seu DNI.

A falta de cumprimento dos requisitos anteriores, será motivo de expulsión do recinto e non dará dereito á devolución do diñeiro abonado pola entrada da/o menor.

Os menores de 14 anos NON terán que pagar entrada pero SI que deberán cumprir todos os requisitos mencionados anteriormente.

DESCARGAR AUTORIZACIÓN
DESCARGAR CERTIFICADO