Korpiklaani
Korpiklaani é unha banda finlandesa de folk metal formada en Lahti en 2003. A banda xorde da disolución de Shaman. Coa fundación de Korpiklaani en 2003 e o seu debut con “Spirit of the forest” a música tradicional de Finlandia volveu cobrar vida. A maioría dos temas do grupo baséanse no típico folk finés, pero dándolle matices de metal. Seguido do lanzamento do seu primeiro álbum sumouse á banda un segundo guitarrista, Cane, co que empezaron a traballar no seguinte traballo titulado Voice of Wilderness (2005). Coa gravación do segundo álbum empezaron a procura dun acordeonista permanente. Juho Kauppinen deulle á banda a enerxía melódica e a atmosfera folk que lles faltaba para a súa gran posta en escena.
Despois de lanzar 6 discos máis entre 2006 e 2012, a banda voltou dos bosques finlandeses en maio de 2015 para entregarnos o seu novo traballo “Noita”. É o primeiro álbum co recentemente chegado Sami Perttula e o seu acordeón, despois de que Juho Kauppinen deixase a banda.
Membros:
- Jonne Järvelä – Voz, guitarra
- Cane – Guitarra, coros
- Jarkko – Baixo eléctrico, coros
- Tuomas Rounakari – Violín, coros
- Sami Perttula – Acordeón, coros
- Matson – Batería