Deira

Recentemente gañadores no festival Celtic Connections de Glasgow do concurso The Battle Of Folk Bands, Deira é un trío formado por músicos de Asturias e Andalucía. O seu estilo, que ten unha gran influencia da música folk escocesa, preséntase como unha renovación da música tradicional en canto a arranxos e atmosferas.

Os seus compoñentes, que xa tiñan unha extensa traxectoria noutros proxectos, empezaron a tocar xuntos en 2019 cando foron contratados como grupo residente na carpa asturiana do Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña francesa).

A partir de aí deron forma a un álbum debut que lles levou a conseguir importantes premios en concursos de bandas.

Actualmente atópanse preparando unha xira que os levará a participar nalgúns dos festivais máis importantes de Escocia, Galicia e Asturias.

http://www.deiraband.com/