Cómo chegar
Coordenadas GPS:
43°05’39.5″N 8°54’57.6″W
Información de liñas de Autobús.
Zas atópase ao noroeste da comunidade galega, na provincia da Coruña. Pertence á comarca de Soneira, formando parte, ademais, do que se denomina Costa da Morte, aínda sendo un concello sen saída ao mar
O concello de Zas ocupa unha longa franxa estreita e alongada en sentido norte sur sendo a distancia entre os extremos de 22 Km, o punto máis ao norte sería a vila de Baio e o máis ao sur, o encoro da Fervenza.
A comarcal 545 de Santiago-Baio atravesa Zas no quilómetro 45 e a comarcal 552 de Coruña a Fisterra atravesa o concello á altura de Baio, onde hai un desvio cara a Zas, quedando da capital provincial a un 60 Km. Polo sur, a LC-441 de Santiago a Muxía por Negreira, atravesa o concello.
Podes consultar as liñas de autobus en https://www.bus.gal/