Churía

A asociación “CHURÍA” comeza a súa labor recollendo bailes, músicas, roupas, xeitos de vestilas ,xogos populares etc.. da xente mais vella dos lugares e aldeas do concello de Zas e tamén dos concellos limítrofes, que pertencen á nosa comarca, e que se encontran vencellados ás nosas tradicións.
Todo isto que recompilamos, arquivamos e custodiamos, trátase dun patrimonio único, que logo aprendemos nas nosas clases de baile e música tradicional e nos obradoiros de xogos populares.

Todo isto fai de nós, un grupo cunhas características propias, baseadas nos nosos arquivos de son e vídeo e que representan fielmente a forma de bailar, cantar, vestirse xogar e divertirse dos nosos avós.

O grupo de baile e música tradicional Churía busca perpetuar este patrimonio e difundilo.