Cé Orquestra Pantasma

Baixo Cé orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e desde aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.

Dende comezos do verán de 2008 e con máis de 250 concertos en dous anos, este músico leva percorrido toda a xeografía galega, paseándose polos mellores festivais e festas do país levando ás costas a súa proposta: Cé orquestra pantasma, un proxecto musical, unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga á perfección toda unha vida musical.

www.ceorquestrapantasma.com/