Caldo

María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra)
forman Caldo, un trío que achega a música tradicional a contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cos propios instrumentos. Presentan unha proposta na que integran melodías tradicionais galegas e composicións propias con influencias das músicas atlánticas, unha fusión natural que vai directa ao sentir do público.

https://linktr.ee/caldo.gz