Baiuca
Baiuca é un proxecto moi persoal que tenta achegar a tradición galega á vangarda, á electrónica. Instrumentos como cunchas, frautas, gaitas ou voces tradicionais asócianse con sintetizadores, caixas de ritmo e programacións.
Detrás do proxecto atopámonos a Alejandro Guillán, Alex Casanova, quen xa sorprendera cun synth pop realmente brillante, conxugando hedonismo 80 s e pop electrónico con espírito clásico e sintético. Todo iso quedou reflectido en “Antagonasia” ( Crispis, 2014).
Ao longo da historia houbo todo tipo de intentos de levar a música tradicional galega á electrónica, unhas con máis éxito que outras. Desde Son Lalín e a súa “Muiñeira de Chantada” (Movieplay, 1978) que soaba nas discotecas de Eivissa, e de toda España, a finais dos 70 a Bonovo, pasando por propostas máis recentes como Caxade, Trilitrate ou Ulobit…
Na música de Baiuca atopamos elementos reconocibles de músicos como Carlos Núñez –especialmente as frautas-, Mercedes Peón, Xosé Lois Romero ou Milladoiro, pero tamén propostas vangardistas como as de Nicola Cruz ou Chancha Vía Circuito.
Todo iso queda reflectido na súa primeira entrega: “Solpor” (Raso, 2018). Un traballo realmente espectacular no que nos atopamos con cancións populares –“Muiñeira”, “Arrieiro”, “Mozas” e “Muíño”- e composicións propias como “Solpor” e especialmente “Morriña”, que nacen con vocación de clásicos populares. Na gravación conta coas colaboracións de Xisco Feijoó (voz en “Arrierio”) e da Asociación Cultural Xirandela (“Morriña”, “Solpor”).
En 2019 volve á carga con “Misturas” (Raso, 2019). Un EP no que se achega ao universo de Xosé Lois Romero & Aliboria. Unha formación que xunto a Baiuca, é unha das grandes renovadoras da música tradicional galega. Aliboria é un colectivo dirijido por Xosé Lois Romero que “reinventan os cantos e os ritmos enxebres de Galicia”, o seu é conjuntar unhas potentes e emocionantes voces con arranxos de percusión “cheos de forza, raza e terra”.
Baiuca achégase a cinco das cancións do imprescindible “Xosé Lois Romero & Aliboria” (autoproducido, 2016) e decide mesturalas de novo. Máis que de remesturas, temos que falar de recomposición desde a súa propia perspectiva desas cancións