Baiuca

Baiuca é un proxecto moi persoal que tenta achegar a tradición galega á vangarda, á electrónica. Instrumentos como  cunchas, frautas, gaitas ou voces tradicionais asócianse con  sintetizadores, caixas de ritmo e programacións.

Detrás do proxecto atopámonos a Alejandro  Guillán, Alex Casanova, quen xa sorprendera cun  synth pop realmente brillante, conxugando  hedonismo 80 s e pop electrónico con espírito clásico e sintético. Todo iso quedou reflectido en “Antagonasia” ( Crispis, 2014).

Ao longo da historia houbo todo tipo de intentos de levar a música tradicional galega á electrónica, unhas con máis éxito que outras. Desde Son Lalín e a súa “Muiñeira de Chantada” (Movieplay, 1978) que soaba nas discotecas de Eivissa, e de toda España, a finais dos 70 a  Bonovo, pasando por propostas máis recentes como Caxade,  Trilitrate ou  Ulobit…

Na música de  Baiuca atopamos elementos reconocibles de músicos como Carlos Núñez –especialmente as frautas-, Mercedes Peón, Xosé Lois Romero ou Milladoiro, pero tamén propostas vangardistas como as de  Nicola Cruz ou  Chancha Vía Circuito.

Todo iso queda reflectido na súa primeira entrega: “Solpor” (Raso, 2018). Un traballo realmente espectacular no que nos atopamos con cancións populares –“Muiñeira”, “Arrieiro”, “Mozas” e “Muíño”- e composicións propias como “Solpor” e especialmente “Morriña”, que nacen con vocación de clásicos populares.  Na gravación conta coas colaboracións de Xisco  Feijoó (voz en “Arrierio”) e da Asociación Cultural  Xirandela (“Morriña”, “Solpor”).

En 2019 volve á carga con  “Misturas” (Raso, 2019). Un  EP no que se achega ao universo de Xosé Lois Romero &  Aliboria. Unha formación que xunto a  Baiuca, é unha das grandes renovadoras da música tradicional galega.  Aliboria é un colectivo  dirijido por Xosé Lois Romero que “reinventan os cantos e os ritmos  enxebres de Galicia”, o seu é  conjuntar unhas potentes e emocionantes voces con arranxos de percusión “cheos de forza, raza e terra”.

Baiuca achégase a cinco das cancións do imprescindible  “Xosé Lois Romero &  Aliboria” (autoproducido, 2016) e decide mesturalas de novo. Máis que de remesturas, temos que falar de  recomposición desde a súa propia perspectiva desas cancións