- Un ano máis, a importancia do medio ambiente é primordial
- O vaso ecolóxico minimizará o impacto e os residuos
- En anteriores edicións o uso deste vaso evitou 100 quilos de lixo
Como en anteriores edicións, a organización do Festival da Carballeira de Zas contará na número 35 coa repartición e uso do vaso ecolóxico. Trátase dun vaso reutilizable que se comezou a usar neste festival no ano 2016. Desde entón empregouse nos seguintes anos, constatando os beneficios ambientais que supón.
O ano pasado o emprego destes vasos contribuíu a unha diminución na xeración de lixo duns 100 quilos menos. O deseño do vaso é de Luís Davila, o famoso humorista gráfico coñecido como O Bichero. O vaso custará 1€ e poderá ser de aluguer ou de venda. Desta maneira, todos os que queiran poderán levarlo como recordo desta edición. Se non, devolveráselles a fianza.
A dirección do festival pretende desta maneira protexer a contorna tan especial na que se sitúa, unha carballeira de 14.500 m2: transmitindo o privilexio que supón poder realizar este evento nun entorno de características únicas e concienciando da importancia do coidado e protección do mesmo con accións concretas.
As entradas para o festival están xa dispoñibles na páxina www.festadacarballeira.com e a través de Ticketea, cun prezo de 12€. Tamén se poderán obter directamente en despacho de billetes, cun custo de 15€ o bono de dous días.