Hoxe presentouse oficialmente o cartel e as novidades da 34º Edición da Carballeira de Zas, cita obrigada cada primeiro fin de semana de agosto (venres 4 e sábado 5) para los amantes da música folk.
A edición deste año presenta como cabezas de cartel ao grupo de folk-metal, Korpiklaani, que compartirá escenario o venres con Gwendal, Pan de Capazo e Os Fillos do Estramonio.
Durante a xornada do sábado, celebrarase a sesión vermú, a partir das 14h, e pola noite os asistentes poderán desfrutar da música de Milladoiro, Moxie, Rare Folk y Radios Cos.
As entradas para os dous días contarán con un prezo reducido hasta o día 4 xullo, de tan so 12€. A partir de esta data, o prezo será de 15€. Tamén se venderán entradas so para un dos dous días, venres ou sábado. Estas xa están dispoñibles a través de plataforma de venda Ticketea.
Este festival, contará ademais con: zona de acampada gratuíta (situada a poucos metros do recinto musical), baños e duchas.
A presentación foi realizada pola Vicepresidenta y Responsábel da área de Cultura da Deputación de A Coruña, Goretti Sanmartín, que destacou: “o valor singular desta Festa, por ser celebrada nunha Carballeira, xa que o carballo simboliza a esencia de ser galego”, o Tenente Alcalde de Zas, Óscar Lema, o Concelleiro de Cultura de Zas, Manuel García, o Director de Festival, Fidel Otero e o Brand Manager de SON Estrella Galicia Víctor Mantiñán.
Evento familiar:
Como cada ano, a tarde do sábado a Carballeira de Zas está pensada para o desfrute de maiores e pequenos, contando con zona de gastronomía, espazo lúdico infantil, feira de artesanía e diferentes actuacións a partir das 14h.