Moxie

Moxie é unha banda irlandesa que se formou en 2011, tras anos de amizade musical entre os seus 5 compoñentes, Cillian Doheny (banxo e guitarra), Jos Kelly (acordeón e teclado), Darren Roche (acordeón), Ted Kelly (tenor Banxo) e Paddy Hazelton (percusión), que tocaban xuntos en algúns festivais arrededor de toda Irlanda. Moxie consigue hipnotizar coa súa emocionante mestura de composicións tradicionais baseadas en melodías frescas e harmoniosas, así como en ritmos intricados nun son nítido e rico.

A súa música ten unha columna vertebral sólida tradicional. Jazz, rock, bluegrass, ritmos mundiais e harmonías estrutúranse creativamente arredor desta base levando ao oínte a niveis de son ricos e complexos, tanto das súas propias composicións coma das vellas cancións ás que dan un toque novo e vibrante.

O seu son é sofisticado, pulido, aventureiro e emocionante, cheo de diversión e ateigado de ideas frescas. O feito de que sexan tan novos é ao mesmo tempo sorprendente e inspirador, en termos de instrumentación, virtuosismo, interacción rítmica, etc.

O seu disco Planted, lanzado en agosto de 2014, foi descrito pola emisora RTÉ Lyric Fm coma un cóctel de alta enerxía desafiante, levado a cabo por cinco talentosos mozos, onde se mestura o acordeón tradicional co banxo bluegrass, sumado a unha percusión contemporánea que dá un paso máis aló na música irlandesa.