Mägo de OZ
Mägo de Oz é unha banda española de heavy metal fundada en maio de 1989 polo batería Txus di Fellatio no barrio Begoña (Madrid). Aínda que inicialmente chamada Transilvania en honra a Iron Maiden, non sería ata 1990 cando pasaría a chamarse Mägo de Oz.
Dende os seus inicios caracterizáronse pola súa heteroxénea e peculiar proposta musical de mesturar o son do metal e hard rock tradicional con outros estilos tan dispares como a música clásica, o Rock And Roll, o Blues, a música celta, a musica folk, entre outros. Con todo, a música celta é a que máis predominou no son das súas cancións ata a actualidade, e é, a que en parte, deben o seu enorme éxito. Consagráronse como unha das bandas máis importantes do heavy metal español, saltando ao éxito en 1998 co disco “La leyenda de la Mancha”, e chegando ás listas de éxitos musicais do país con cancións como «Molinos de Viento» ou «Fiesta Pagana», esta última do seu primeiro disco conceptual dobre, Finisterra.
A fama do grupo e o seu éxito, tanto na prensa de música rock como nos medios de comunicación convencionais a nivel nacional e internacional (especialmente en Hispanoamérica), incrementouse moito máis tras a publicación en 2003 do disco Gaia, o primeiro traballo dunha triloxía conceptual que sería completada cos discos de igual ou maior éxito, Gaia II: La Voz Dormida (2005) e Gaia III: Atlantia (2001). Tamén cabe destacar a escenografía usada nos concertos, que vai dende barcos piratas ata catedrais medievais, a pirotecnia e varias postas en escena xamais vistas antes nun grupo español. No ano 2008 entregóuselles o disco de diamante por supuperar o millón de copias vendidas de toda a súa obra discográfica soamente en España. Calcúlase que venderon máis de 2.000.0000 de discos entre España e Iberoamérica.
Ao longo da carreira de Mägo de Oz, a banda sufriu numerosos cambios de integrantes, sendo Txus di Fellatio o único membro orixinal que continúa na banda.