A Carballeira de Zas, que celebrará o primeiro fin de semana de agosto a súa 33ª edición, virá cargado de novidades.
Unha das principais é a incorporación dunha sesión vermú aos actos do sábado, con música e mexillonada incluídas. A venta anticipada de entradas a través de Ticketea tamén destaca como novidade, así como a celebración do evento durante dúas xornadas de concertos.