Limiar 2008


Xa pasaron 25 anos. Vintecinco carballeiras cheas de emocións, de ilusións e de moita festa… pero ¡FESTA! con maiúsculas.
Vivimos momentos inesquecibles, que quedarán gravados nas nosas retinas. E que eses momentos, co paso dos anos, forman parte da nosa historia, da nosa cultura, e da nosa tradición. Eses momentos de ledicia e troula, son os que nos dan forza para seguir adiante a nós. E desexamos que a vos tamén.
Porque vós sodes os que facedes posible esta festa, os que peregrinades a Zas, o primeiro fin de semana de Agosto, cunha devoción que poucos entenden. Sodes os que dades significado a expresión “festa rachada”. Os que facedes que o berro ¡eiiih carballeira! ou sexa un himno ala onde se escoite. Os que tendes coma berro de guerra ¡luumeee!. E en definitiva sodes os que fixestes grande esta humilde festa.
Para todos vos, ofrecémosvos dous días de festa, dous días de troula, con varios dos grupos que máis nos marcaron, no seu paso pola carballeira. Para que volvades a revivir esas emocións, eses momentos máxicos, e que sexan recordados, coma aqueles marabillosos anos.

 

Actos do XXV Aniversario
Mércores 30.
Ás 20:30: Proxección de "Un Bosque de Música" con Bieito Romero de Luar na Lubre.
Ás 22:00: CHARLA COLOQUIO. Carballeira: Pasado, presente e futuro.
30 Jul 2008 por carballeira
Exposición XXV Aniversario da Carballeira
Ata o sábado día 2, poderedes desfrutar da exposición sobre os 25 anos de Carballeira. Poderás ver parte da historia da carballeira, os seus comezos, a súa evolución, os grupos tradicionais, os grupos folk evolucionados, os artistas, o público, fotos, vídeos, camisetas, xerros, carteis e todo o que teña que ver coa Carballeira.
30 Jul 2008 por carballeira
Presentación da XXV Festa da Carballeira
O Venres 11 de Xullo presentarase o Cartel da XXIV Festa da Carballeira, para tódolos medios. As 13:00 horas no salón de Plenos do Concello de Zas.
10 Jul 2008 por carballeira

<< Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte >>

 

Venres partir das 11 da noite:

BIRIMBAO (Galicia)
BRIGANTHYA (Euskadi)
TRIQUEL (Valladolid)

Sábado a partir das 5 da tarde:

Grupos de baile da A.C Castro-Meda (Zas)
Banda OS CAMPANTES (A Baña)
Grupo de bailes populares IAR (A Coruña)
Banda de Gaitas FERREÑAS (VILAMAIOR)

Sábado partir das 10 da noite:

FIA NA ROCA (Galicia)
A QUADRILHA (Portugal)
LUAR NA LUBRE (Galicia)
WOLFSTONE (Escocia)
CLANADONIA (Escocia)


- Programa 2008

- Acampada e aparcadoiro

- Menú do día

- Patrocinadores 2008

- ¿Como chegar a Zas?