Xochilmica

XXIII, Festa da Carballeira, Zas 5 de Agosto de 2006.

Coa sinceridade por bandeira, os compoñentes de Xochilmica advirten que queren facer o que se lles antolle. Pero, coidado: a música de Xochilmica engancha. E faino porque interpretan pezas de composición propia e corte tradicional pouco usuais no panorama folk actual.

Xochilmica é... o auga bendita dos domingos, que rega o alma, que dá a vida e en clave de re, saca e exortiza os males nocturnos do Belcebú de garrafa.

É o triunfo da sinxeleza, pero unha sinxeleza enganosa, xa que detrás hai un arduo e meticuloso traballo de composición e arranxo de cada peza interpretada.

Chegan avalados pola boa reposta que obtiveron por parte do público ante o que se presentaron. Dise deles, que nos seus concertos mestúrase unha gran dose de humor coa boa música. E dicir, que cando os espectadores son conscientes, foron inevitablemente seducidos por estes cinco polifacéticos rapaces. A súa procedencia de formacións como Cantigas e Agarimos ou Rumbadeira, apóianos: non están desde onte no mundo da música e saben perfectamente cales son os ingredientes para facer dun concerto, todo un espectáculo.

Gañadores do "Certame Folk" organizado por Radio Obradoiro, do certame"Runas" no Festival Intercéltico de Ortigueira e do concurso "le Terroir" no Festival Intercéltico de Lorient.

Non lles fixo falta a estes mozos moito máis que propoñerse empezar. No mesmo ano que decidiron xuntarse, presentáronse ao "Certame Folk" organizado por Radio Obradoiro e por unanimidade saíron elixidos como gañadores. "Cinco elementos" é o seu premio, un disco que convence, desde o primeiro ao último tema. E o que lle abriría tantas portas...

Empezan así o seu periplo polo panorama musical folk. E seguen concursando... A súa

seguinte meta é o Certamen Runas do Festival Intercéltico de Ortigueira. Corren as apostas e saen seleccionados na primeira rolda e na segunda, chegando ata a final. Eran os encargados de pechar o concurso e... converteronse nos únicos que atoparon a porta aberta ao 2006. A organización determinou que é unha das súas apostas máis fortes para esta edición.

E son uns dos poucos afortunados en ser chamados ao fantástico mundo do Festival Intercéltico de Lorient. Alí, non só arrasan nas súas actuacións coas súas particulares presentacións en francés, senón que gañan o prestixioso concurso "le Terroir" que os sitúa no libro histórico do certame por ser os primeiros galegos en alcanzar o galardón. Unha vez de volta en España, tiveron un magnífico verán cheo de actuacións España e Portugal; xa entrado o outono, reciben a noticia de que foron seleccionados para o prestixioso circuíto de Artistas en Ruta na modalidade de Folk... E durante os meses de Outubro, Novembro e Decembro, actúan en salas como a Dzine en San Sadurniño ou a Harlem Jazz en Barcelona.


<< Volver