
O grupo de pandeireteiras Raigañas formouse 1994, no seo da escola de música e danza da Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda (Malpica de Bergantiños).
participaron na banda sonora da película Heroína e no último disco de Luar na Lubre. |
A maior parte das pezas que conforman o seu repertorio foron recollidas polo propio grupo ó longo de toda a bisbarra de Bergantiños e outros lugares de Galicia.
En 2004 publicaron o seu primeiro CD, con cancións recollidas nas comarcas
de Bergantiños e Xallas, baixo o título de Baila que podes bailar,
verso dunha cantiga tradicional da parroquia de orixe destas cantareiras.
As últimas achegas á cultura galega do grupo de cantareiras Raigañas
veñen marcadas pola súa participación na banda sonora da
película Heroína, na que se retrata a vida da "nai coraxe",
Carmen Avendaño, fundadora da Asociación Antidroga Érguete.
Así como, a intervención no último disco do grupo folc
coruñés Luar na Lubre.