Grupo de referencia do festival debido tanto ás súas actuacións nel, como
á sua vinculación e colaboración desinteresada.
Dende
que en 1997 Mike Oldfield incluiu no seu disco Voyager un tema de Luar na Lubre,
estes converteronse nun dos grupos folk galegos con maior proxección internacional.
Tras varios discos anteriormente editados este feito supuxo-lles oapoio dunha
discográfica multinacional e os seus seguintes discos un éxito e un
recoñecemento
impensable anteriormente.E xa van dez discos e un recopilatorio en conmemoración
do seu XV aniversario. Este ano presentaranos o seu ultimo traballo, "Camiños da fin do mundo".
Os seus discos son contados por miles de copias vendidas,
e
as suas actuacións e concertos por miles de persoas, desfrutando da sua música
de raiz sabiamente conxugada cos instrumentos tradicionais e os mais imnovadores.
A sua música basease no estudio dos principais cancioneiros galegos,
así coma o traballo de campo o que lle permite ter un extraordinario
coñecemento da realidade galega, que resulta imprescindible nas súas
composicións.
O seu paso pola Carballeira en 2001non foi menos exitoso a pesar de que as condicións atmosféricas ese ano non foron moi favorables. Pero gracias á sua maestría na execución dos seus temas e o seu don para enfervorecer ó público conseguiron erguer o ánimo de estes e que se esquecesen da chuvia conseguindo un exito rotundo.. No 2003 celebraron con nos o XX aniversario cun éxito rotundo, que esperamos que se repita este ano.
Máis información en www.luarnalubre.com