GRUPO DE BAILES “IAR”

XXII, Festa da Carballeira, Zas 6 de Agosto de 2005.
XXV, Festa da Carballeira, Zas 2 de Agosto de 2008.

O grupo de Bailes Populares "IAR" fúndase no seo da A.VV.Castrillón-Urb.Soto,por un grupo de xente que, xa por aquel entón, se preocupaba polo futuro do noso folclore, a partir de esta iniciativa xurde o Grupo de Bailes Populares "IAR" e como non, pensando nos máis pequenos da zona escomeza tamén a funcionar a Escola de Baile, que se vai ampliando cada ano que pasa con un maior número de alumnos.

A principal inquietude deste grupo de baile é recuperar todo o posible o noso folclore: bailes, cantares, música, indumentarias, costumes, etc... Que inda segue vivo por moitas das nosas aldeas. Para poder acadar isto, este grupo escomenzou, e segue, a percorrer as nosas terras aprendendo cada día un pouco máis das nosas xentes.

Gracias a esta labor de recuperación do folclore o Grupo de Bailes Populares IAR ten un amplo repertorio propio, que vai interpretando ó longo do noso país e no estranxeiro.

Outra actividade de grande relevancia que realiza o Grupo de Bailes Populares IAR é un festival de folclore galego no que todos os anos se entrega o premio IAR de folclore galego a aquela persoa que máis teña feito polo noso folclore.

<< Volver