GAITEIROS DE LISBOA
XVII FESTA DA CARBALLEIRA ,ZAS 5 de agosto do 2000
Os Gaiteiros de Lisboa son un grupo de músicos poli-instrumentistas que se reunen en torno a un proxecto sonoro.Foron buscando un son propio, non só baseado na tradición popular portuguesa se non tamén noutras culturas.
O grupo formado en 1991 editou o seu primeiro CD en 1995"Invasoes Bárbaras" e en 1997 "Bocas dó inferno" ambos foron considerados pola crítica como dos mellores discos do ano.Actualmente o grupo esta composto por: Paolo Marinho, Rui Vaz, Josè Manuel David, José Salgueiro, Carlos Guerreiro e Pedro Casaes. Gaiteiros dunha cidade sen gaiteiros, instrumentistas de instrumentos inventados e por suposto, músicos de festa.
O espectaculo deste grupo baseado no seu último CD, transporta-nos a un ambiente
de festa, coa forza das percusións tradicionais, e por suposto, a visualidade
de ver en directo os instrumentos inventados polo grupo. 