Grupo que ten as suas orixes en 1993 cun primeiro álbum do mesmo nome, producido por Luis Delgado. Cun estilo moi definido trouxo novos aires ó panorama folk galego, reproducindo melodías e sons populares áxilmente adaptados ó seu estilo caracteristico, dando-lles un aire renovado e contemporáneo.
A magnífica execución dos temas e o seu peculiar e caracteristico estilo,
valeron-lle para representar a Galicia, como banda sonora dun documental da BBC, con motivo do ano Xacobeo de 1993.
Tivo que superar momentos dificis coa marcha de dous dos seus compoñentes (Quim Farinha e Quico Comesaña)
para formar o grupo Berrogueto con Anxo Pintos. Pero Ramón Vazquez e Xabier Bueno souberon levar as redes do grupo e leva-las a bon camiño, dando os seus frutos coa gravación do segundo traballo do grupo "Agardando que pase algo" (título significativo do momento musical que atravesaban). Podese dicir que é un disco continuista que mellora en calidade ó anterior cuns temas moi logrados.
En 2001 sacan o seu traballo "Contravento" (tamén significativo do seu estilo peculiar) no que incorporan a voz de Sonia Lebedynski en varias cancións dando-lle un aire renovador ós seus concertos sen se sair de da orixinalidade do seu estilo.
O Camiño de Santiago crúzase de novo coa música de Fía na roca, pois unha produción da televisión xaponesa utiliza "Contravento" como banda sonora da série baseada na obra do escritor brasileiro Paulo Coelho "O diário de um mago".
No ano 2003 Fía na roca cumpriu 10 anos de concertos en directo. Para celebralo a banda gravou o seu novo traballo ao vivo no Teatro Principal de Santiago de Compostela os días 7 e 8 de decembro. No ano 2004 editouse "Dez anos ao vivo".
Agora veñen a presentarnos o seu disco editado no 2007 "Vente Vindo", e a sua nova formacion. Despois de sofrer duas sentidas ausencias –Xabier Bueno, fundador e puntal do proxecto Fía- e Cris Gándara, contrabaixista e músico de recoñecida traxectoria, o grupo renóvase coa entrada de Xabier Olite, ex-Psicofónica de Conxo, que se ocupa dos baixos, e Roberto Rama, procedente do mundo tradicional, que se encarga de gaitas, saxos e low whistles. Xunto con Sonia Lebedynski, Xosé Ramón Vázquez, Carlos Castro, Giao Rodrigues e Roberto Santamarina, o novo Fía fica completo, co permiso de Pablo Barreiro, técnico de son e responsábel de gravación.
Actualmente compoñen o grupo:
Roberto Rama: gaita galega, saxo soprano, low whistis e flautas.
Carlos Castro: percusión, bateria.
Xabier Olite: baixo electrico.
Gaio Rodrigues: guitarra acustica e clasica, mandolina e bandola.
Roberto Santamaria: Violin e viola.
Xose Ramón Vazquez: piano, acordeón, teclados e coros.
Sonia Lebedynski: voz e pandeiretas.
Máis información en www.fianaroca.com