
A Agrupación Ferreñas foi creada na parroquia de Doroña,
concello de Vilarmaior (A Coruña), no ano 1985, e debe o seu nome a unregato
de augas vivas que corre pola parroquia de Doroña e que move un vello
muíño que tamén se chama o Muíño das Ferreñas.
Dende a súa formación, a agrupación foi desenrolando diversas
actividades que desembocaron na formación dun grupo de baile con varias
seccións, así como dunha gran Banda de Gaitas.
Teñen actuado por toda Galicia así como no resto de España
e Portugal, colaborando tamén en varias ocasións coa R.T.V.G.