Desde Sintra moi perto de Lisboa, fan a sua música. Xuntan a inspiración popular
coa procura de raices celtas dando como resultado un estilo próximo ó folk irlandés
en canto a melodias e ritmos pero con un carasterístico acento portugués, que
envolve a súa música con carecter alegre. Eles mesmos definen-se como un grupo
de dinámica pop e música
tradicional.
As suas cancións son pequenas historias que semellan quitadas da mais profunda cultura popular. Son fácis de seguir e divertidas, ideais para cantalas con eles nos seus directos espectaculares. A sua música é moi bailable e revitalizante dando-che gañas de saltar e desfrutar nada mas oilos . Posuen un escepcional son en directo que fixo da carballeira, ó paso de A Quadrilha, un escenario perfeto. Ficando gravado nas retinas de todos os privilexiados asistentes durante longo tempo. Se no ano 2002 presentaronnos o seu disco "Quarto Crescente". Este ano traennos o disco en directo "Deixa que Aconteça".
Máis información en http://www.quadrilha.net
Escoita a Quadrilha en www.myspace.com/sebastiaoantunes